Surfing -
Sesións de Surf
|
Mércores, 14 Abril 2021 16:12 |
Outro día máis na praia con ondas ananas pero con ganas de pasalo ben e surfear todo o que se poida. Un vídeo de Fur alle falle.
|
Surfing -
Sesións de Surf
|
Sábado, 10 Abril 2021 11:25 |
Fermoso e divertido vídeo dende O Pedrido, o noso wavepark gratis e ilimitado, a onda máis longa de Europa.
|
Natureza -
Denuncias
|
Xoves, 08 Abril 2021 10:33 |

O pasado 31 de marzo o BOE publicou o anuncio de exposición pública do proxecto "Adaptación do proxecto de estabilización da praia de Altar e do seu estudo de impacto ambiental, T.M. Barreiros (Lugo)".
O proxecto, cun custo de 3,5 millóns de euros, pretende realizar unha dragaxe na zona interior da ría do Masma e depositar a area na praia de Altar. O realmente grave deste asunto é que para garantir a retención da devandita area, preténdese construír un espigón de 190 metros de lonxitude e 7 metros de altura de formigón armado cunhas enormes bancadas de granito que unan a praia coa illa que lle dá nome!
|
Ler máis...
|
Surfing -
Sesións de Surf
|
Mércores, 07 Abril 2021 16:43 |
O equipo Aftersurf con Rubio, Seijas, Álvaro, Hugo, Santi, Jordy, Nacho, Roberto y Eric surfeando pola costa galega.
|
Surfing -
Sesións de Surf
|
Luns, 05 Abril 2021 17:42 |
A falta de ondas sempre podes pasar pola onda de madeira Woodwave deseñada para surfskate máis grande da península no Artsurfcamp, na praia de Razo.
|
Ler máis...
|
Surfing -
Sesións de Surf
|
Domingo, 28 Marzo 2021 19:54 |
Surf de calidade con Eric Rebiere e algúns amigos na onda máis tóxica da nosa costa. Surf potente e tubos con fondo de rocha soamente para surfeiros de moito nivel.
|
Surfing -
Outras
|
Venres, 26 Marzo 2021 14:15 |
Velaquí tes o resumo dunha fermosa viaxe a Galicia protagonizada por Thomas Traversa pra surfear coa súa vela as nosas potentes ondas na costa da Mariña Lucense.
|
|
Surfing -
Sesións de Surf
|
Martes, 23 Marzo 2021 09:40 |
Acompaña a Justine Dupont na súa viaxe de surf na procura de grandes ondas en Galicia na compaña de Axi Munian e o seu equipo antes de voltar a Nazaré pra surfear unha marexada.
|
Surfing -
Sesións de Surf
|
Sábado, 20 Marzo 2021 11:05 |
Mañan de surf na praia de Campelo en Valdoviño, Galiza. Unha das praias onde con máis forza rompe o mar de toda a nosa costa. Paraíso para os amantes deste deporte. |
Natureza -
A Costa
|
Domingo, 28 Febreiro 2021 12:10 |
Unha escolma de imaxes rodadas ao longo de súa reciente estancia na costa máis septentrional de Galicia. Unha imaxe das capas de contraste creadas pola terra, o océano e o ceo.
|
Ler máis...
|
Surfing -
FGS
|
Xoves, 25 Febreiro 2021 15:49 |

A Federación Galega de Surf, segundo o acordado na primeira asemblea do ano, convoca os postos de:
- Seleccionador/a galego/a (2 postos)
- Director/a técnico/a (1 posto)
As persoas interesadas deben enviar o seu CV a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
. Estes CV serán valorados por un Comité de Selección. O prazo para entregar os CV vence o xoves 4 de marzo de 2021. 
|
Surfing -
Campionatos
|
Mércores, 24 Febreiro 2021 19:51 |
Nova entrega do Canal do Chumbo con imaxes da viaxe dende Brasil ata Galicia pra competir no Desafío Illa Pancha xunto con un gran equipo, Ian Cosenza, Michelle Des Bouillons, Eric Rebiere & Alemão de Maresias. |
Surfing -
FGS
|
Mércores, 17 Febreiro 2021 11:38 |
Dende a Federación Galega de Surf estamos en contacto coa Secretaría Xeral para o Deporte no que respecta ao tratamento das novas limitacións que atinguen ao noso deporte. Polo momento, trala publicación do Decreto 26/2021, do 15 de febreiro e a Orde que o desenvolve, podemos facer as seguintes consideracións:
Os deportistas, como calquera outra persoa, deberán ter en conta que recoméndase limitar a mobilidade ao máximo posible e que recoméndase restrinxir ao máximo a interacción social e que os encontros queden limitados únicamente a unha única unidade de convivencia.
A práctica do Surf non federado poderá realizarse ao aire libre, de forma individual ou con personas conviventes. Se fora preciso, as persoas con discapacidad poderán realizar a práctica con guía ou cunha persoa de apoio. En todo caso, a práctica da actividade física ou deportiva realizarse respectando os límites perimetrais e de horario nocturno establecidos.
|
Ler máis...
|
Surfing -
Sesións de Surf
|
Domingo, 14 Febreiro 2021 12:36 |
Sesión de surf na praia de Prado con ondas pequenas e sen vento gravado dende o aire grazas ao traballo de Jager Zaaas.
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 7 de 305 |