Longboard Longueirón
Convocada a 1ª Proba do Circuito Galego Longboard e Paddleboard en Nemiña
Martes, 01 Abril 2014 09:05

A FGS ven de convocar a primeira proba do Circuíto Galego de Longboard e Paddle Surf 2014 esta fin de semana na praia de Nemiña no Concello de Muxía.

Nestes intres estamos á espera da confirmación da proba por mor das condicións de vento e mar que non parecen moi favorabeis. Seguiremos informando...

Ler máis...
 
Bastiagueiro Longboard [VIDEO]
Luns, 24 Febreiro 2014 11:33

Resumo do acontecido na praia de Bastiagueiro este pasado sábado coa celebración do Mellor dos Mellores de Longboard e a presentación do vídeo oficial do Ondalonga do ano pasado. Todo o traballo grazas a Jesús Busto.

Ler máis...
 
Presentación do vídeo 'Ondalonga: unha viaxe á onda máis longa de Galicia'
Domingo, 16 Febreiro 2014 11:08

O vindeiro 22 de Febreiro podedes acudir a festa de presentación do vídeo 'Ondalonga: unha viaxe á onda máis longa de Galicia' na cafeteria Varadero onde tamén haberá música da man de 'The Zipper' e entrega de premios de longboard do Mellor dos Mellores.

Ler máis...
 
Salinas 2013 [VIDEO]
Luns, 10 Febreiro 2014 00:00

Velaquí tedes un excelente vídeo de longboard con imaxes do acontecido no Salinas 2013 e con moita presencia galega na auga como Toni Varela, Nacho Saa, Yago Baz, Javi Taladrid e outros... Unha semana de música e moito surf, onde non faltou a queimada para rematar esta gran festa.

Ler máis...
 
Convocado o 2ª Malpica Longboard Classic en Maio
Venres, 07 Febreiro 2014 10:38

Longboard MalpicaXa está convocado o 2ª Malpica Longboard Classic para os días 17 e 18 de Maio coincidindo coa festividade do día das Letras Galegas.

Estades invitados a participar e asistir a este evento de longueirón que vai ter lugar na vila mariñeira de Malpica de Bergantiños. Seguiremos informando...

Ler máis...
 
Habemus OndaLonga 2013!
Mércores, 11 Decembro 2013 16:18

CONFIRMADO! Este ano temos ONDALONGA esta fin de semana, as previsións son moi boas e esperamos que las condicións sexan clásicas, mañá publicaremos o horario e día, sábado ou domingo. Os que vaiades cear o sábado tedes que confirmar no email do evento. Por fin xa chegou!!

ONDALONGA LONGBOARD

Horario:

Venres 13 ~ quedada de benvida e irmandade no restaurante Pasaxe do Pedrido a partires das 8 da tarde.

Sábado14 ~ check in ás 9:00 da mañá no Centro de Promoción da Autonomía Persoal de Bergondo.

~ Fotona e entrada na agua sobre as 9:45 ata que o corpo resista.
~ Sesión de Longskate pola tarde, recuento de votos e entrega de premios.
~ Ás 8 no restaurante Pasaxe do Pedrido pra picar algo e conversar antes da cea.
~ Festa fin de evento con música de Dj Nando Bares e Alberto Mouriño Mou.

Domingo 15 ~ posibilidade de disfrutar dun baño libre na compaña dos amigos!

Ler máis...
 
Iron Mountain presenta unha nova rider do seu equipo: Arantza de la Pedraja
Venres, 22 Novembro 2013 12:14

Arantza de la Pedraja ven de fichar polo equipo Iron Mountain Longboards avalada polo seu surf e boa progresión na auga.

Esta rider cántabra, residente na Coruña e local de Bastiagueiro, ven de reforzar deste xeito o potente equipo de longueirón de Iron Mountain, unha das millores marcas de longboard de Galiza.

Ler máis...
 
Convocada unha nova proba do Circuito Galego en Patos
Luns, 11 Novembro 2013 00:00

SURF PATOS

Xa está todo preparado para que este mes teña lugar unha nova proba do Circuíto Galego de Surf, Longboard e Paddle na praia de Patos. Desta vez surf open será no Pico de Patos e as probas de longueirón e SUP serán na esquerda de Monteferro. O obxetivo deste evento que vai ter tres fin de semana de periodo de espera é pra procurar as mellores condicións posibeis. Organizan: Federación Galega de Surf, o Patos Surf Clube, Galegos Asociados polo Longueirón e Concello de Nigrán.

Ler máis...
 
Profile Néstor Martínez [VIDEO]
Domingo, 20 Outubro 2013 00:00

Vídeo profile de Néstor Martínez, rider de Ferrolterra e un dos mellores sobre un 9 pés, con imaxes de varias sesións recientes. Casal dos ovos Productions 2013. Edición de Nordeslizamento.com

Ler máis...
 
O Ondalonga 2013 xa conta con máis de 80 riders inscritos!
Domingo, 13 Outubro 2013 19:28

O OndaLonga 2013 xa conta con máis de 80 participantes inscritos pra gozar do millor evento de longueirón da nosa costa organizado por Galegos Asociados Polo Longboard. O obxetivo deste ano é superar o cento de longs na auga e pasar un bo día na praia do Pedrido.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 8 de 24

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: