Eiquí tedes a entrevista realizada á actúal campiona galego de surf. Nesta entrevista falamos con Flavia sobre os seus plans para o ano 2009 e algunhas cousas máis sobre a súa vida diaria.
- Nome: Flavia Braña
- Idade: 16 ANOS
- Anos surfeando: 3 ANOS
- Spots que frecuentas: Doniños e Pantín.
- Estudos/Traballo: 1º de bachillerato
- Un hobby: surfear!!
- Unha viaxe: Francia.
- Un soño: Surfear en Hawaii
- Música preferida:De todo tipo
- Sponsors: Vazva
- Mellores Resultados: campiona circuito galego junior e campiona galega open
- Deixa unha mensaxe para os nosos lectores: NOS VEMOS NA PRAIA, BOAS ONDAS E BO SURFING.
![](/images/stories/entrevistas/flavia/dsc_0008.jpg)
E despois desta ficha veñen as preguntas e respostas:
Como e cando comenzaches no surf?
Comecei con 13 anos na escola de surf grosso porque ó meu pai gústanlle moito os deportes acuáticos e apuntoume ese verano.
E a competir??
A competir comecei un ano despois, aínda que case non había chicas en competición no circuito galego.
Como é un día normal na túa vida?
En inverno teño instituto, entón se non teño moito que estudar acercome á praia despois de comer e logo estudo. En verano paso o día entero na praia e intento darme como mínimo dos baños ao día.
![](/images/stories/entrevistas/flavia/dsc_0111.jpg)
Que che parece o nivel feminino galego de surf??
Creo que aínda non hai moito nivel comparado con outros sitios pero espero que cambie pronto xa que agora hai moitos chicas que se animan a surfear.
Cantas amigas tes que collen ondas??
Pois bastantes pero que compitan non hai moitas.
![](/images/stories/entrevistas/flavia/dsc_0191.jpg)
Agora hai máis rapazas na auga??
En verano si, en inverno eu creo que somos as mesmas de sempre.
É dificil conseguir sponsor facendo surf??
Si, para conseguir sponsor hai que surfear moi ben xa que so escollen aos mellores.
![](/images/stories/entrevistas/flavia/dsc_0059.jpg)
Acabas de rematar o 2008 como campiona galega. Que sintes despois deste esplendido resultado??
Pois estou moi contenta e espero seguir conseguindo resultados asi este ano.
Que planes tes para o 2009, viaxes, campionatos??
Por agora teño pensado ir ao circuito galego e ao pro junior, así que me quedan moitas viaxes por diante.
![](/images/stories/entrevistas/flavia/dsc_0492.jpg)
Graciñas a Flavia por colaborar con SurfGZ e tamén ao seu pai Gabriel polas fotos.