Comezamos esta fin de semana cunha nova entrevista a un dos máis destacados fotógrafos e surfeiros da nosa terra, Dani Almeida. Fixémoslle unhas cantas preguntas pra nos coñecer os seus proxectos actuais e o seu xeito de pensar respecto a práctica do surf nas praias galegas.
Esta é a ficha técnica de Dani,
- Nome: Daniel Ameida
- Idade: 32
- Anos surfeando: 6
- Spots que frecuentas: Móvome por todas partes, onde haxa boas condicións, dende Lugo até Fisterra.
- Estudos/Traballo: Actualmente traballo polas noites para poder surfear polo día
- Un hobby: Ejem… fotografía, fotografía e fotografía jeje…
- Unha viaxe: Un surftrip dende Costa Rica até California.
- Un soño: Poder vivir das fotos (sexan do tipo que sexan) Casi nada no?
- Música preferida: De todo tipo , pero últimamente moito rock clásico e rap da vella escola da costa oeste.
- Cámara fotográfica: Unha pequena Canon 400D , pero o segredo esta nas ópticas…
- Deixa unha mensaxe para os nosos lectores: Carpe diem… para todo nesta vida, que é moi curta.
E agora as preguntas e respostas:
Como e cando comenzaches no mundo do surf?
E como?, pois grazas á miña noiva, que surfeaba dende hai moitos anos e un bo día logrou meterme o vicio. Ensínoume como funcionaba todo e o básico sobre as ondas, e ben, creo que non se deu conta de que estaba a abrir a caixa de Pandora, porque agora parezo un yonki das ondas. Pero lle estarei eternamente agradecido porque creo que até agora é o mellor deporte dos moitísimos que practiquei a bo nivel.
E a sacar fotos??
Mmmm? faime graza porque a facer fotos empece mais tarde aínda. Hai só dous anos. A pesar de que sempre tiven ganas de practicar a fotografía foi hai dous anos cando empece a meterme aos poucos neste mundo. De novo a miña noiva foi a responsable dos meus comezos , porque me regalo a miña primeira cámara (que sorte ter á beira a alguén asi verdade) , e aos poucos fun facéndome cos obxectivos necesarios para practicar todas as disciplinas que mais interésanme até o dia de hoxe.
Seda Líquida
Como é un día normal na túa vida?
Un dia normal da miña vida? , pois me canso só de pensalo , pero che conto : levántome a iso das once e media da mañá, almorzo algo rápido e despois de mirar o correo e os partes, cargo a furgo, recollo a algún amigo se é que alguén se pode vir e ímonos á praia que sexa. O resto depende do mar. En función de como este surfeamos a unha hora ou a outra, fago fotos, comemos cando podemos e pola tarde noite volvo para cear. Descargo as fotos do día, pásome unha horita longa de procesado e súboas ao blog que xa coñecedes, e logo voume a traballar desde as doce da noite até as cinco mais ou menos que me deito na cama, e ao día seguinte repítese a rutina.
E os días que non hai ondas pois sempre se me ocorren outras aventuras ou actividades, pero o caso é non perder o tempo e aproveitar cada hora e cada minuto en facer algo de proveito. Tamén teño ganas de apuntarme a un gimnasio para subir un par de quilos, que estou no chasis jaja, pero non me dá tempo , as ondas nunca se acaban!!
Cal é o teu spot preferido para surfear??
Ben, se me preguntas pola miña onda favorita de todas as que tiven sorte de surfear, a resposta ten dentes moi afiados e chámase Dracula, en Marrocos. É unha onda quilométrica, e non en sentido figurado, senón que alcanza facilmente esa lonxitude. Pero se me teño que quedar cunha praia de por aquí, das do día a día a resposta sonaria a topicazo : Doniños , Razo , Pantín e algunha outra cuxo nome non me gusta dicir en alto... (xa me entendes)
E para afotar?
Pensas empezar a sacar fotos na auga con carcasa??
Pois estou desexando meterme nesa disciplina, pero como sempre o diñeiro é o que fai que vaia máis amodo. As carcasas teñen prezos desorbitados. Os fabricantes aprovéitanse de que o que protexen é moi caro para xustificar os elevados prezos. Asi que aos poucos, pero sí, chegará o día..
Podes dar un par de pequenos consellos para a xente que empeza a sacar fotos de surf??
Pois vouche dar o mesmo que me deu un bo amigo cando decidin meterme nisto: gastate o diñeiro nun bo obxetivo e nun corpo de cámara sinxelo. A longo prazo cambias o corpo por un máis rápido, pero a calidade de imaxe e a velocidade de enfoque é algo que vivirá para sempre nun bo teleobxetivo, asi que non che gastes o diñeiro dúas veces nunha lente para surf, comprate a boa xa de primeiras.
Levas dous anos xa co teu blog surfinglifebydani.blogspot.com paga a pena tanto traballo????
E doutra banda podería parecer pedante o que che vou a dicir, pero chega un momento en que en parte sentes un pouco de responsabilidade cando pasan un par de días sen publicar nada novo e sabes que hai xente que esta aí esperando novidades. Isto ultimo é algo que me parece moi curioso e agora mesmo non me vexo sen un blog no que escribir. Podedes visitalo en surfinglifebydani.blogspot.com
Que planes tes para o 2009??
Moitas gracias por colaborar nesta entrevista Dani. Se queres podes escribir unhas palabras para dicir o que queiras aos nosos lectores:
Pois só dicirvos que gocedes do surf tanto como eu, e que cando cheguedes á praia deixedes os malos rollos, os cabreos e os problemas no maleteiro do coche para gozar realmente deste gran deporte. Soa utópico pero seria xenial verdade? Surfing life!!!