Flavia Braña fala con SurfGZ.com

Eiquí tedes a entrevista realizada á actúal campiona galego de surf. Nesta entrevista falamos con Flavia sobre os seus plans para o ano 2009 e algunhas cousas máis sobre a súa vida diaria.

  • Nome: Flavia Braña
  • Idade: 16 ANOS
  • Anos surfeando: 3 ANOS
  • Spots que frecuentas: Doniños e Pantín.
  • Estudos/Traballo: 1º de bachillerato
  • Un hobby: surfear!!
  • Unha viaxe: Francia.
  • Un soño: Surfear en Hawaii
  • Música preferida:De todo tipo
  • Sponsors: Vazva
  • Mellores Resultados: campiona circuito galego junior e campiona galega open
  • Deixa unha mensaxe para os nosos lectores: NOS VEMOS NA PRAIA, BOAS ONDAS E BO SURFING.

E despois desta ficha veñen as preguntas e respostas:

Como e cando comenzaches no surf?

Comecei con 13 anos na escola de surf grosso porque ó meu pai gústanlle moito os deportes acuáticos e apuntoume ese verano.

E a competir??

A competir comecei un ano despois, aínda que case non había chicas en competición no circuito galego.

Como é un día normal na túa vida?

En inverno teño instituto, entón se non teño moito que estudar acercome á praia despois de comer e logo estudo. En verano paso o día entero na praia e intento darme como mínimo dos baños ao día.

Que che parece o nivel feminino galego de surf??

Creo que aínda non hai moito nivel comparado con outros sitios pero espero que cambie pronto xa que agora hai moitos chicas que se animan a surfear.

Cantas amigas tes que collen ondas??

Pois bastantes pero que compitan non hai moitas.

Agora hai máis rapazas na auga??

En verano si, en inverno eu creo que somos as mesmas de sempre.

É dificil conseguir sponsor facendo surf??

Si, para conseguir sponsor hai que surfear moi ben xa que so escollen aos mellores.

Acabas de rematar o 2008 como campiona galega. Que sintes despois deste esplendido resultado??

Pois estou moi contenta e espero seguir conseguindo resultados asi este ano.

Que planes tes para o 2009, viaxes, campionatos??

Por agora teño pensado ir ao circuito galego e ao pro junior, así que me quedan moitas viaxes por diante.

 Graciñas a Flavia por colaborar con SurfGZ e tamén ao seu pai Gabriel polas fotos. 

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.