A dereita antes da dereita [VIDEO]

Jesús Busto - É incrible ver crecer unha onda. Como nace. Como se vai formando. E como finalmente acaba desaparecendo. E con iso non me refiro ao seu tamaño.

Unha das principais características das praias de area son os seus fondos cambiantes. Tanto nos temporais, como nos días de calma, a praia, coas súas rompientes e correntes están cheas de area en movemento. Millóns de grans movéndose dun lado a outro empurrados pola forza do mar. Buscando un equilibrio, un lugar no que descansar de tanta actividade. E entón créase un fondo, un lugar onde a area parece atopar a calma, ou polo menos o equilibrio.

Moitas veces comeza cunha onda que rompe en barra, e que aos poucos dá unha pequena sección. Esa nova forma de romper vai moldeando o fondo, e facendo que cada vez as ondas abran máis, ata que de súpeto xorde unha longa parede que surfear.

Máis ou menos, a dereita empezou así. E como ela outras ondas. En cada praia. Cada ano.

Antes da avalancha de ondas e xente, e de que as condicións de mar e vento fosen as propicias, a dereita mostrábanos o que podía chegar a ser.

Surfeiro: Luís Rodríguez
Gravado en Doniños a finais do mes de abril de 2010.
Música: The Dodos - Eyelids


Artigo orixinal: http://desdelacroa.blogspot.com/2010/06/historias-la-derecha-antes-de-la.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com