A nosa Federación ven de abrir o prazo pra presentacion de proxectos para a organización de eventos da tempada 2012. Os diferentes eventos a organizar son: Probas do Circuito Galego Open de surf, Circuito Galego Open de bodyboard, Circuito Galego Open de Longboard e probas do Circuito Galego Infantil e Xuvenil de surf e bodyboard. Non haberá premios en metálico salvo decisión da Asamblea desta Federación, a cal se celebrara a comezos do vindeiro ano.
Os requisitos para organizar un proba do circuito galego 2012 seguirá os criterios do 2011. Pódense consultar no documento de solicitude de actividades.
Poderán presentarse proxectos para un evento que teña máis dunha modalidade se se teñen en conta os días necesarios e as necesidades para o normal desenvolvemento da competición. Estes proxectos deben ser enviados a
Os criterios de selección de proxectos serán relacionados coa calidade da organización proposta. As datas para as probas do circuito, deben estar principalmente comprendidas para a sua realización, entre o mes de Febreiro – Xuño e Setembro - Decembro de 2012 (para evitar aprazamentos por malos partes de ondas). A data final debe ser aprobada pola Asambela da FGS e débese ter unha data de reserva.
Máis info en: