A Federación Galega de Surf convoca unha reunión coas escolas de Surfing co propósito de realizar un balance de situación do ámbito formativo do Surfing de Galicia durante o 2017, e así expor un modelo de xestión das Escolas de Surf Oficiais para o 2018.
A actividade docente en Surfing é considerada pola FGS como un dos servizos de maior potencial e importancia nas praias de toda Galicia. Esta actividade, ademais de ser produto turístico importante e dinamizador económico, supón o alicerce básico na educación de persoas sobre os comportamentos adecuados nun espazo natural, cambiante, perigoso, de dominio público e alta intensidade de uso como o son o mar e as praias. Consciente deste valor, a FGS mediante consenso e colaboración coas escolas, procura promover e mellorar unha docencia en todas as súas escolas oficiais que ensine aos alumnos condutas apropiadas para a sustentabilidade social e ambiental destes espazos.
A federación como institución está para velar polo futuro do Surf en Galicia. Por unha banda como deporte estritamente federativo (proxecto federativo deportivo), e doutra banda garantindo uns mínimos de calidade, seguridade e de promoción deportiva en toda practica organizada no territorio Galego. (titulacións oficiais, calidade de uso de praias, etc. )
Convocatoria 1 (zona norte):
Día: martes 12 de dicembre de 2017
Hora: 18.00h
Lugar: Praza Agustín Díaz Sánchez (Complejo Deportivo Elviña), 1. A Coruña. (SALÓN DE ACTOS).
Convocatoria 2 (zona sur):
Día: jueves 14 de dicembre de 2017
Hora: 18.00h
Lugar: Casa do Deporte, Vigo (Aula B).
Vendo a importancia deste proceso formativo nas escolas de Surfing, a FGS decide convocar estas reunións na que se tratarán principalmente os seguintes temas:
- Balance da normativa que regula a actividade das escolas de Surfing en Galicia. Petición por parte da Demarcación de Costas da Coruña dun estudo económico da actividade docente en Surfing.
- Revisión do convenio de Escola Oficial de Surfing: requisitos e vantaxes.
- Relación entre Escolas Oficiais e Cursos de Formación.
- Proposta dun proxecto ambiental entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e as Escolas Oficiais de Surfing.
- Rogos, dúbidas ou preguntas.
Fonte da nova:
http://fgsurf.org/novas/comunicados.html