Curso de Estratexia en surfing - Kako García

Kako Garcia surf e bodyboard

Primeira edición deste curso no que un dos adestradores máis importantes a nivel nacional exporá o seu coñecemento en estratexia e adestramento de competición. Kako García impartirá formación sobre o adestramento para a competición, que demostrou e mellorou na súa traxectoria como adestrador en surfing. Este curso de formación desenvolverase en 2 xornadas, o venres 15 de decembro de 16.00h - 20.00h e sábado 16 de decembro de 10.00h - 14.00h + 16.00h - 20.00h. Un total de 12 horas.

Aplicou os seus coñecementos na Selección Española de Surf, na Selección Galega de Surf e cos riders da súa escola. Unha experiencia de anos que compartirá nesta formación. O curso vai dirixido principalmente a adestradores e deportistas de calquera modalidade de surfing.

Ficha técnica do curso:

  • Docente: Kako García.
  • Prezo: 250€
  • Número de alumnos: Mínimo 4 alumnos.
  • Horario: 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 horas (venres 15 tarde + sábado 16 mañá e tarde).
  • Titulación obtida: Certificado federativo curso de estratexia en Surfing.
  • Lugar: Valdoviño, Océano Surf Museo (Casa da cultura).
  • Alumnos potenciais: Adestradores e deportistas de calquera modalidade de Surfing.
  • Duración: 12 horas
  • Inscricións: Ata o mércores 13 ás 11.30h.
  • Formulario de inscrición: https://goo.gl/forms/T9X9Gk9zJYkVFWlf2

+ info na web da FGS:

http://fgsurf.org/novas/cursos

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.