Fotos da 1ª Proba Interescolas FGS 2012

Xa están na Rede as primeiras fotos da proba do Circuíto Interescolas FGS 2012 celebrada a pasada finde na praia de Razo grazas a Miguel Navaza de Surf&Rock. Máis de 80 alumnos de escolas das Rías Baixas, Costa da Morte e Rías Altas participaron neste evento que quere axudar a promocionar a competición entre os surfeiros máis novos da nosa costa.


A escola Surf&Rock levou a 6 participantes que fixeron uns bos resultados.

Podiums Academia Deportiva Surf&Rock / Bergantiños Surf Clube

Victor Fernandez Trebalz (7 anos) - 4º posto en categoría sub-10
Alexandro Rama Pose (13 anos) - 3º posto en categoría sub-14

Os outros participantes da Academia no Campionato:

María Rodríguez (12 anos)- Surf Infantil
Pablo Suárez Lois (12 anos)- Bodyboard Infantil
Carlos Frága (12 anos)- Surf Infantil
Eros Muiño (15 anos) - Surf xuvenil

Podedes ver toda-las fotos na seguinte ligazón:




Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.