O vindeiro día 6 de outubro realizarase na praia do Orzán, a 3ª proba do Circuíto Infantil e Xuvenil que fora suspendida o pasado oito de xuño na mesma praia. O horario da proba comunicásese este venres na web. En función das condicións na praia do Orzan, se a organización estímao conveniente cambiarémonos á praia de Sabón en Arteixo para seguir coa competición.
Ao longo da xornada, no paseo marítimo da praia do Orzán, organizásense distintas actividades, como clases de surf en inglés gratuítas ofrecidas por Prado surf Escola e Atlantik da Coruña. Tamén tentaremos ofrecer unha exposición dos shapers galegos e unha exhibición de capoeira ofrecida polo Ximnasio Garrapucho da Coruña. Lembramos aos competidores inscritos que se organizase unha manga de disfraces na cal premiaremos ao máis orixinal e a mellor manobra.
Haberá moitos premios, a empresa colaboradora Coca-coa ofrece aos gañadores desta proba 1000 € en premios. Por favor, rogamos aos competidores que confirmen a súa inscrición canto antes. En caso de non poder asistir á proba deben comunicalo con polo menos dous días de antelación á proba. Achegamos a relación de MANGAS neste correo.
Calquera dúbida, podeis porvos en contacto coa Federacion Galega de surf en
Máis info en: www.fgsurf.org