Luís Rodríguez vence en Pantín [VIDEO]

Xa está na rede o vídeo da primeira proba do Campionato Galego de Surf que tivo lugar na praia de Pantín esta fin de semana. O ferrolán Luís Rodríguez foi o vencedor da proba por diante de tres riders das Rías Baixas, Óscar Prieto, Milo Castelo e Pipo Domínguez.  As condicións da Catedral foron duras con ondas grandes e correntes. Todo un espectáculo. Vídeo gravado e editado por Jesús Busto.

Tedes unha boa crónica do evento na seguinte ligazón:

http://desdelacroa.blogspot.com/2011/06/videos-pantin-1-prueba-circuito-gallego.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com