Resultados de Surf en Patos 2008

Os resultados da proba de surfing do XVIII Trofeo de Surf do Concello de Nigrán celebrado na praia de Patos foron os seguintes:

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4 /* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:"Tabla normal"; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-qformat:yes; mso-style-parent:""; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:11.0pt; font-family:"Calibri","sans-serif"; mso-ascii-font-family:Calibri; mso-ascii-theme-font:minor-latin; mso-fareast-font-family:"Times New Roman"; mso-fareast-theme-font:minor-fareast; mso-hansi-font-family:Calibri; mso-hansi-theme-font:minor-latin; mso-bidi-font-family:"Times New Roman"; mso-bidi-theme-font:minor-bidi;}

Surf  masculino

1.- Jaji iglesias

2.- Pablo montero

3.- Pipo Domínguez

4.- Oscar prieto

Surf femenino

1.- Flavia Braña

2.- Erika Franco

3.- Maria Escrigas

4.- Elena Tapias

O espectáculo do Surf e as ondas chegaron a patos. Os mellores surfeiros galegos citáronse para disputar a última proba do circuíto galego. E fixérono cunhas condicións climáticas máis propias doutras latitudes, que de patos en outubro, foi un día con sol e o mercurio marcou até os 24 graos, pouco vento e moi boa temperatura da auga ,que axudo á masiva afluencia de publico que abarrotou a chaira de prado e que non se cansou de animar aos seus surfeiros favoritos , cun xuíz de luxo entre o staff de xuíces , gony zubizarreta o noso surfeiro mais internacional que se lesionou na súa loita polo circuíto mundial de Surf e aproveitou a súa recuperación na súa casa de patos para puntuar aos futuros campións galegos. As ondas alcanzaban o metro de altitude e que ía cambiando de forma segundo subía ou baixaba a marea .

Embaixo podes ver algunhas fotos do campionato sacadas por Roberto de la Torre. Preme nas fotos pra amplialas!

 

Oscar Prieto, surfeiro local de Patos  

Con case 70 inscritos chegados de todas as praias galegas empezaron as primeiras mangas clasificatorias o sábado ás 12:00h moitos nervios no ambiente, ao local de patos Juan Jamardo foi o primeiro en sufrilos cando quedo apeado dunha final á que non falto os últimos anos, á que se accederon os locais de Patos Jaji Iglesias e Oscar Prieto.

Pipo Dominguez

A final foi un man a man entre Jaji Iglesias e Pipo Domínguez cunhas ondas asasinas, case sen auga e que só che deixaban facer unha manobra. Cando parecía que pipo ía ser o gañador leste cometeu unha interferencia nunha onda de pablo montero o que lle serviu a jaji igrexas proclamarse brillante vencedor da proba de patos por diante do coruñes pablo montero.

Na categoría de longboard o coruñes Daniel alvite deu toda unha lección do manexo do longboard en ondas complicadas e moi perigosas para a súa integridade, foi o que baixo mellores ondas e mais longas e impúxose con autoridade ao único que lle deu algo de guerra nesta categoría o mejicano Walter neto. Na categoría feminina moitas mozas case 20 inscritas (record de participación neste campionato) cun gran nivel de Surf, ao final a mellor foi Flavia Braña que se impuxo á favorita, a ferrolá Erika Franco que quedou segunda. E por fin o mellor surfeiro do Val Miñor que por segunda vez foi Alex Díez. 

Pipo Dominguez

A organización quere agradecer a todos as que apoiastes a este campionato xa que sen a vosa axuda non fose posible e emprázavos para a 19 edición que será en outubro do próximo ano ou tamén moito mais cerca no tempo, o bodyboard tamén terá o seu campionato pero en decembro e nunha onda chamada polos surfeiros F3, que se atopa situada nun fondo rochoso á altura de Mougas no Concello de Santa Maria de Oya que promete emocións fortes. 

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.