O equipo junior do Grosso destaca en Patos

Esta pasada fin de semana comezou o Circuíto Galego Junior de Surf e Bodyboard na praia de Patos en Nigran. O Clube Grosso inscribiu a un nutrido grupo de surfeiros de entre 11 e 18 anos que conseguiron facer un gran papel fronte ao resto de comeptidores da comunidade galega.

Samuel Salgueiro, Rafa Dopico, Erica Franco e Patri Rocha gañaron nas súas categorías e foron acompañados nas finais por moitos dos compañeiros e compañeiras do clube Alberto Gundin, Delia Salgueiro, Adri e Pedrito Mendez, Javi Vila, Cristina Fernandez ou Andreia Vilela realizaron unha boa competición e conseguiron chegar a moitas das finais.


De novo os rapaces seguen facendo un gran esforzo na competición galega, ano tras ano, están a conseguir gañar campionatos e o bo é que cada vez un maior numero de rapaces conseguen meterse en finais, o que demostra que os duros adestramentos do inverno son fundamentais para o seu progreso.

Máis fotos na fonte orixinal:

http://www.grossoweb.com/index.php?option=com_content&task=view&id=171&Itemid=28

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.