Novos cambios de datas para o Campionato Galego

Comunicado da FGS - Despois do aprazamento do Campionato Galego de Surf, informámosvos de que a nova data é o 10 e 11 de Outubro.  Esa fin de semana de Outubro tíñamos previsto realizar a 3ª Proba do Circuíto de Surf e Longboard Open na praia de Malpica, pero tras falar co Concello de Laxe e ser esta a única data dispoñible para poder realizar a proba na praia de Soesto, exponse co Club Silfo o seguinte: se o fin de semana do 10 e 11 de Outubro o mar esta grande para facer o Campionato Galego en Soesto seguirase adiante coa 3ª proba de Surf e Longboard Open do Circuíto Galego de Malpica, pero se as condicións permíteno daremos preferencia ao Campionato Galego na praia de Soesto e a 3ª Proba do Circuíto de Surf e Longboard Open realizarase no mes de Novembro.

O Martes 6 de Outubro, día en que as previsións xa serán mais fiables, publicaremos na Web a proba que definitivamente se realizará o fin de semana do 10 e 11 de Outubro.


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.