O vindeiro domingo día 21 de Xuño celébrase en todo o mundo o Surfing-Day. Concíbese como unha xornada na que compartir e facer descubrir a todos a cultura do surf nun ambiente de festa.
O PRADO SURF CLUBE preparou unha serie de actividades especiais que se desenvolverán na Praia de Patos (Nigrán):
-Campionato Local para federados por Prado Surf Clube.
-Bautismo de Iniciación gratuíto.
O Campionato Local realizarase a dobre pico durante toda a mañá de 10.00 a 15.00 horas con premios para todos os finalistas. Ao mediodía convidaremos a todos os inscritos a unha parrillada. é importante destacar que a este evento só poderán inscribirse persoas que estean federadas por Prado Surf Clube.
O Bautismo de Iniciación celebrarase de 16.00 a 18.00 horas e será impartido por monitores titulados en grupos reducidos, achegando o club todo o material necesario (táboa, neopreno, licra e seguro), consiste nunha primeira toma de contacto co deporte do surf ou bodyboard. Está aberto a calquera persoa maior de 7 anos e soamente requírese saber nadar.
O prazo para inscribirse a calquera dos 2 eventos finaliza o vindeiro venres 19 ás 18.00 horas.