Festival Mar de Mares‏ do 19 ao 24 de Setembro na Coruña


A cuarta edición do Festival Internacional Mar de Mares celebrarase na Coruña entre os días 19 e 24 de setembro de 2017 cun completo programa de actividades que se prolongará durante o tempo que as súas exposicións permanezan abertas, ata o 19 de novembro.

O festival é un evento multidisciplinar, unha celebración en torno ao mar que ten como obxectivo  sensibilizar e inspirar á comunidade na protección dos océanos. Máis de 20 actividades para todos os públicos ao redor da conservación dos mares e a súa importancia nas nosas vidas: exposicións, obradoiros, proxeccións, encontros, concertos, storytellings, visitas intermareais e o xa tradicional Mercado do Mar, que terá lugar os días 23 e 24 de setembro.

Vídeo promocional da edición 2016

O mar é muller. A edición deste ano centrará a súa mirada na muller e a súa vinculación co mar, a través de encontros con mulleres que explicarán o seu traballo nun mundo tradicionalmente masculino e da presenza de Cristina Mittermeier, unha das fotógrafas e biólogas máis recoñecidas e influentes a nivel internacional, que visita España por primeira vez e expoñerá o seu traballo na Coruña.

Arte. Ecoloxía. Ciencia. Reflexión. Gastronomía. Fotoxornalismo. Educación. A celebración dos océanos.

Tedes + info en:

http://festivalmardemares.org/

https://twitter.com/FestMardeMares

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.