Xa está todo listo para a segunda proba do Circuíto Beachescolas de Paddlesurf que transcorre por augas próximas a Praia América e Panxón: en total son 5.100 metros de percorrido. A saída será da Beachescola de Praia América, ir até a zona de bateas que hai entre Ronseis e Madorra. Desde alí virar o Faro e ir recto de novo cara á Beachescola de Praia América.
Os 5 km serán completados, polos regatistas máis competitivos, en pouco máis de media hora. Os que vaian gozar farano entre hora e hora e media aproximadamente. Como sempre, é unha proba accesible a calquera que xa estivese algunha vez sobre un paddleboard.
A saída, en función das mareas, será sobre as 18 horas do sábado 14 de xullo. A entrega de trofeos será no noso centro de Praia América e a continuación ser fará na Beachescola de Patos a festa fin de regata con petiscos e consumición gratis para os regatistas. Mesmo haberá un atractivo "menú regata" no noso restaurante.
As inscricións están abertas. Podes facelo a través da nosa web, ou chamando aos teléfonos 615138200 ou 986 446060. O prezo é de 10 euros (en liña) até o venres, e 15 euros se te inscribes o mesmo día da regata en Praia América.
Máis info en: